domingo, 9 de junio de 2013

# ¿De cantas cousas precisamos para ser felices?

    ¿De cantas cousas precisamos para ser felices?

    Está claro que a xente cantas máis cosas ten, máis feliz é, pero tamén é certo que esa felicidade é pasaxeira, xa que cando se aburran diso que lles fai tan felices, logo non terán nada para adquirir esa debandita felicidade.

    Co paso do tempo fómoslle dando valor a cousas realmente que non precisamos, entón somos uns consumistas capitalistas, xa que despreciamos as cousas máis pequenas, que dende pequenos apreciabamos, para querer cousas cun alto custo e das que acabas aburrido. Decídeme se non é certo que de pequenos cando estabamos no parque xogando con outros rapaces non eramos felices e, a medida que nos fixemos maiores, queriamos una videoconsola, un teléfono, etc... e pasado un tempo de recibir iso, pediamos máis con mellor calidade. Dende logo está claro que fomos despreciando cousas simples que nos facían realmente  felices.

    Paráde a pensar nos nenos dos países "inferiores", nos que día a día loitan pola súa supervivencia, pero, cando lles dan ou consigues o necesario para iso, xa son felices, non precisas nada máis que iso.

   Eu tamén me engado nese grupo de personas porque tamén pedín una videoconsola, un teléfono, etc... Pero agora, que estou a sacar o neno que levo dentro, non preciso de todo iso, simplemente preciso estar cos meus amigos, correr, saltar, gritar, bailar...

    Invítovos a que vos fagades o mesmo, que salgades á rúa e saquedes o neno que levades dentro.

"O ser humano coñece o prezo de todo pero o valor de nada."

No hay comentarios:

Publicar un comentario